O Museo

O Museo da Terra de Melide componse de sete salas repartidas en tres plantas.

Está dedicado á Historia, Arqueoloxía e Etnografía da Comarca da Terra de Melide



Planta Baixa

 Sala 0



A recepción ó Museo, e oficina de información patrimonial.
Paneis de fotografías dos monumentos do Camiño de Santiago ó seu paso por Melide.
Sección de Historia de Melide e arte medieval: capiteis, xambas, linteis, sartegos,...
Breve historia documental do Hospital de peregrinos.




Nas escaleiras de acceso ó primeiro andar vese unha mostra fotográfica d pintura mural (s. XVI), das igrexas  da  Comarca.
Esta sala tamén se utiliza como lugar de exposicións, para todos aqueles que queiran expoñer ás súas creacións. Para el deben poñerse en contacto co persoal do Museo.

1º  ANDAR  



 O 1º andar está dedicado á arqueoloxía. Dividido en dúas salas onde se poden ver os achádeos casuais froito das labores do campo (sala 1), e os achádeos de escavacións arqueolóxicas científicamente dirixidas (sala 2). No pasillo que comunica ambas salas hai unha serie defotografías de xacementos arqueolóxicos da comarca: Mámoas, Dolmes, Castros,... e de escavacións arqueolóxicas.




A Sala 2 conta, ademais cunha coleción de moedas e reloxos.
Esta sala 1 de arqueoloxía tamén é de Audiovisuais, podendo celebrar nela ciclos e conferencias que precisen dun aparato de TV para a súa celebración. 
Estase emitindo a tempo completo un audoivisual sobre o patrimonio comarcal.






Sala 1


Achádeos en diferentes xacementos da Comarca e que non foron escavados. As vitrinas amosan o contido separado polo seu lugar de procedencia. Así atopamos vitrinas con contido dos arqueolóxico (fundamentalmente procedentes de Castros) do concello de Melide e dos lindeiros veciños de Santiso, Toques e Sobrado dos Monxes. 

Conta ademais cunha vitrina dedicada á metalurxia da Idade do Bronce e útiles do Paleolítico e Neolítico.

Está tamén é a sala de audiovisuais.



 
 


Sala 2
Nesta Sala se atopan os achados das escavacións arqueolóxicas do Castro da Graña (Toques),  efectuadas nos anos 90, así como as da Vila romana de Piñeiro e da Necrópole da Idade do Bronce de Agro de Nogueira (ambas en Toques tamén).

Exponse así mesmo, o tesouro de Gondrei, unha colección de moedas Baixo imperiais (s. IV d.C.), atopadas no Concello de Sobrado dos Monxes.
Temos ademais, nesta sala unha vitrina cunha colección de moedas, billetes e reloxos contemporáneos.
Esta sala é utilizada para presentacións de libros e outros actos culturais.


 
 

 
  2º ANDAR   



A partir do 2º andar comeza a sección etnográfica.  Dedicadas as salas a mostras de oficios tradicionais na Comarca  (zapateiros, zoqueiros, telleiros, reposteiros,...),así como outros traballos cotidianos como as laboresdo campo, o traballo do liño e a lá, a escola e a casa. No pasillo que comunica o 2º co 3º andar hai unha  colección fotográfica de bandas de musica e agrupacións folclóricas que tanta importancia tiveron e teñen nestas terras.




Sala 3
Mostra dedicada ó ferreiro coa  exposición dunha forxa, barquín e zafra recollidas dunha ferreiría tradicional. Conta tamén con ferramentas e apeiros propios do seu traballo, así como unha mostra dos materias que fabrica: reixas, tixolas, apeiros de labranza,...
Fronte a esta está o zapateiro e o zoqueiro, dous oficios tradicionais de Melide, que conta cos apeiros e ferramentas propias dos talleres tradicionais.




 
 


Sala 4



Nesta sala continúa a mostra etnográfica de oficios cos dedicados ó carpinterio, co seu banco de traballo, e diversas ferramentas, así como distintos tornos utilizados para o traballo da madeira. Tamén conta cun obradoiro de gaitas.
Exponse tamén unha colección de apeiros do agro e da gandeiría, así como un pequeno taller de telleiro e unha mostra de cestería tradicional. Completan a mostra os útiles de traballo do albardeiro, oficio tradicional e tan importante noutras épocas.


 
 


3º ANDAR   




O último andar está adicado o tecido, á casa e á escola. Dividido tamén en dúas salas conta ademáis cunha mostra de artesanía en madeira de artistas locais, así como de pintura.





Sala 5

Nesta sala está representado o traballo do tecido cun tear como eixe da exposición. Repartidos ó seu redor diversos aparellos para traballar tanto o liño como a la, os dous materiais cos que se facían os tecidos nas casas. Hai ademais unha mostra de traxes tradicionais que vestían as mulleres e os homes tanto a diario como en dís de festa.
A mostra complétase cunha pequena representación do xastre e a costureira, así como doutros dous oficios urbanos como eran o barbeiro e o fotógrafo.


 



Sala 6

A última sala do Museo está adicada a casa con especial atención á repostería tradicional de Melide. Conta tamén cunha ampla colección de xoquetes antigos, así como unha mostra da escola rural.
Polas paredes poden verse as obras de artistas locais, entre o que destacan as tallas do mestre Nilo Cea, que retratan a vida cotiá e o sentimento propio do pobo galego..
Desde o balcón do fondo tense unha magnífica vista do interior da Igrexa parroquial, podendo ver o retablo do s. XVII, iluminado.

 
 




  SIMBOLOXÍA, MITOS E RITOS NA TERRA DE MELIDE A BALANZA DO CRUCEIRO DE MELIDE Certamente o Cruceiro de Melide, o decano dos cruceiros gale...